26 dic 2008

BO NADAL



¡¡¡ BO NADAL PRA TODOS !!!


Iste e o meu recuncho do Nadal,pequerrecho,pero maravilloso,
está feito polos nenos,case todos os adornos son "obras de arte" que me tran do cole ,estrellas,postais...
Teño as portas da casa "empapeladas" con cousiñas pintadas por eles,
tantas que xa non sei onde
poñelas.

DE VIAXE

¡¡ Que paixaxe mais fermoso!!
Ha verdade e que si...pero viaxarcon este
tempo...coma que mete un pouco de medo.
Esta foto foi sacada entre o Carballiño e Silleda,
por un par de kilometros non poidemos pasar de
20 ou 30 km.as maquinas de quitar a neve non paraban de traballar.

1 dic 2008

UN DIA DE NEVE


Este fin de semana decidimos levar os nenos a neve,
e ala subimos o alto de fonte fría, onde nos imaxinamos que
abería moita neve.
Cal foi a nosa sorpresa ochegar ¡¡¡a xente que ali habia!!!,¡¡¡ parecía unha romería !!!, xa non quedaba un sitio pa poñer o coche,todos aparcados no arcen,pois nos tamen,ali o deixamos,e marchamos o monte.
Facía un frío de medo,,,pero pasamolo moi ben a tirarnos as bolas de neve,
non sei se o pasariamos mellor ca os rapaciños.
Cando empezou a nevar, decidimos sair do monte e voltar pra casa.
Unha nova sorpresa nos esperaba !!!!cando estabamos a chegar unha voz berrou...."a policia de trafico está a multar a todos" ,,,creo que a nosa carreira foi pequena ,comparada coa de outros, vamos que nos jod..... a festa.
Voltamos pra casa mais j....que contentos,nos claro, que os nenos non cavían en si do gozo que traian,e xa pensando no prosimo domingo pra voltar,eso si ,aparcano como e devido, non sexa que volten os...... jfjhbfgbhgg.....
¡¡¡Na miña vida tiben que pagar entrada pa xogar ca neve!!!,saiu cara de cara..o.

21 nov 2008

As mariposas

¡¡¡ ENCANTAME QUE LLE VOU FACER!!!!!!

Traeme recordos do veran,as festas,bailar.....

o vals.....e o meu preferido....

18 nov 2008

CELEBRAMOS


Esta fin de semana a asociación de mulleres rurales de Castrelo celebramos o magosto.
Coma todolos anos a pulpeira non faltou a esta xa tradicional festa nosa,
o polbo,a carne o caldeiro,postres caseiros e as ricas castañas asadas.
Todo isto regado cun bo viño do riveiro , e amenizado polas charlas e vivas dos convidados,
pra que o prosimo ano,volbamos a combidalos a todos.
Moitas grazas a todos por asistir,
e ata o próximo ano.

10 nov 2008

O MAGOSTO



""Que ricas castañas""
Moitas felicidades a todolos que se chamen Martín
O magosto e unha das festas mais populares da nosa terra,
donde con moita tradición,
a xente reunese pra degustar un dos productos tipicos galegos.
As castañas,xa sexan asadas,cocidas ou en tarta,
estan riquisimas.
NOITE DE MEDO
Nestas noites a tradicion e unha boa queimada,e que é unha quemada sen conxuro? pois pos que non sepan ningun,aí vai este de Mago de Oz.
"Mouchos,curuxas,sapos e bruxas.
Demos,trasgos e diaños,espíritus das nevadas veigas.
Corvos,píntegas e meigas,feitizos das menciñeiras.
Pobres cañotas furadas,fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,mal de ollo,negros meigallos,
cheiro dos mortos,tronos e raios.
Averno de Satan e Belcebú,peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ó do inferno,
e fuxiran as bruxas a cabalo das súas basoiras,
índose bañar a praia das areas gordas.
¡Oide,oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse
no augardente quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe,baixe polas nosas gorxas,
quedaremos ceibes dos males da nosa alma e de todo enmeigamento.
Forzas do ar,terra,mar e lume,a vos fago esta chamada:
se é verdade que tendes mais poder que a humana xente,
aquí e agora,facede que os espíriyus dos amigos que están fóra,
participen con nós desta queimada.

5 nov 2008

A NOITE MEIGA

A noite meiga
Noite de trasnos,pantasmas e velas encendidas,que fan que a noite sexa mais " maxica".
Noite de contos de medo o redor do lume.
Noite de bruxas....como se di "haberlas ailas".E quen non cree nelas?