10 nov 2008

NOITE DE MEDO
Nestas noites a tradicion e unha boa queimada,e que é unha quemada sen conxuro? pois pos que non sepan ningun,aí vai este de Mago de Oz.
"Mouchos,curuxas,sapos e bruxas.
Demos,trasgos e diaños,espíritus das nevadas veigas.
Corvos,píntegas e meigas,feitizos das menciñeiras.
Pobres cañotas furadas,fogar dos vermes e alimañas.
Lume das Santas Compañas,mal de ollo,negros meigallos,
cheiro dos mortos,tronos e raios.
Averno de Satan e Belcebú,peidos dos infernais cus,
muxido da mar embravecida.
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ó do inferno,
e fuxiran as bruxas a cabalo das súas basoiras,
índose bañar a praia das areas gordas.
¡Oide,oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse
no augardente quedando asi purificadas.
E cando este brebaxe,baixe polas nosas gorxas,
quedaremos ceibes dos males da nosa alma e de todo enmeigamento.
Forzas do ar,terra,mar e lume,a vos fago esta chamada:
se é verdade que tendes mais poder que a humana xente,
aquí e agora,facede que os espíriyus dos amigos que están fóra,
participen con nós desta queimada.

No hay comentarios: